MENÚ PECHAR

Aldara – Brasería

O concepto

O proxecto de ‘Aldara’ comeza no momento no que os clientes acuden a nós para darlle un cambio actual ó seu negocio tanto a nivel estético como de concepto. Consiste nun local de hostalería con certa traxectoria situado en O Grove, que, fronte á súa competencia directa das típicas marisquerías propias de zonas costeiras, Aldara, opta por apostar por outra forma de traballo na que destaquen pola variedade e a orixinalidade das súas tapas e pinchos.

Un dos requisitos fundamentais para levar a cabo a reforma, era conservar o seu nome inicial de Aldara. Trátase dun nome de orixe xermánico que deriva de Aldewara, palabra composta por ‘ald’, que quere dicir vello e respetable, e ‘war’, sabio. A conxunción de ambos termos, ofrécenos como resultado un nome que aporta forza, a cal se verá proxectada nos detalles industriais, e certa suavidade, representada nas tonalidades rosas e na calidez dos revestimentos de madeira.

 

A intervención

Plantéxase unha fachada lisa na que predomina a cor branca e certos detalles en madeira, aportándonos pequenas pistas sobre o interior. Unha vez que accedemos ó local, atopámonos cunha terraza interior a modo de antesala, caracterizada por un banco corrido tapizado en gris e unha galería que permite a interacción co espazo principal.

A nivel de distribución, sitúase unha barra central deseñada a medida, tendo en conta os pilares centrales existentes e xerando dende a mesma estructura ramificacións inspiradas no mundo mariño. Esta barra central xunto coa barra principal, son dous elementos que buscan a posibilidade de reunión de grupos e propiciar polo tanto, momentos de conversación, xerando de este modo certo dinamismo e movemento na circulación do local. Tamén é importante ter en conta que a iluminación é fundamentalmente indirecta, tanto na barra central coma no respaldo da bancada principal, ofrecendo un ambiente cálido e agradable.

Aldara Brasería defínese como un espazo propicio para a charla e a reunión, disfrutando ó mesmo tempo dunha boa bebida, así como das súas tapas e dos seus pinchos característicos.

 

  • Proxecto: Aldara Brasería
  • Localización: O Grove
  • Ano: 2019
  • Diseño: Studio Moai
error: Contido protexido !