MENÚ PECHAR

Asador Os Fornos

A inspiraciòn deste proxecto vén do propio nome do local “ Vos Fornos”. É un toponimo, a zona en que se sita o propio local. Despois de estar un mes buscando ideas para resolver todo o programa que nos pedìan os clientes, fixemos un traballo de investigaciòn onde falamos cuns arqueólogos para coñecer máis a historia sobre as antigas “ Telleiras”. Esas fabricas destinadas á cocciòn do ladrillo e as tellas, cunha forma moi peliculiar que nos lembra perfectamente a un forno. No noso proceso de investigaciòn atopámonos polo camiño a Juan, unha persoa encantadora que habìa traballado co seu avó e o seu pai nunha antiga “ telleira”, e que o mesmo conservaba a modo de recordo na súa leira de Cambados. A visita a esta “ telleira” , fuè clave para poder deseñar un forno dentro do noso local.

Un dos requisitos dos nosos clientes, era satisfacer o seu desexo de poder asar no interior do local, como venìan facendo hai anos. de ahì que se nos ocorrese, crear o forno, como protagonista absoluto de toda a distribuciòn. Un forno de 180 cm. de diametro , que actùa a modo de rotonda, de onde xorde toda a distribuciòn interior. Unhas barras altas, que fan que se protexa aos clientes da calor que desprende este forno, e resultaron ser a zona máis agradable do local.

Os materiais utilizados , non podìan ser doutra forma. Fixámonos moito en como construían nese entón , todas as construcións anexas aos fornos: madeira de piñeiro con cravos vistos, pedra e sobre todo moito ladrillo cara vista. Curiosamente un dos materiais que se fabricaban nestes fornos, era tambien o material que utilizaban para cocer a arxila.

A iluminaciòn buscamos unha làmpara que nos lembraba a uns “ palitos” para acender as fogueiras

O mobiliario falamos cunha fabrica de artesáns , xa que buscabamos transmitir esa idea de mobiliario industrial, case inacabado, metal visto, soldadura sen puír, para transmitirlle aos clientes do asador, a idea que nós tenìamos na cabeza. Todo o metal està en cor natural e vernizada, excepto algunhas pés que lacamos nun Ral Purpurrot( granate), para darlle un toque ao local.

O resto de mobiliario està deseñado a medida e fabricado en madeira de castiñeiro. Perfecta nesta ocasiòn polas súas vetas douradas e porque conseguimos uns troncos para formar a barra onde se aprecia a cortiza exterior.

Na tras barra fabricamos uns botelleros coa forma das letras do nome do local “ fornos”.

No soportal exterior e a fronte da barra usamos madeira de batea, tan presente na zona onde se ùbica o asador. Xa que moitos dos seus clientes son xente que traballa nas bateas, e queriamos achegar està madeira tan cuarteada polo mar , e que nos transmite unha beleza especial.

“ Tratamos de facer un local didàctico”. Queriamos mostrar á xente como era o proceso desde a recollida da arxila ata a elaboración dos produtos finais como tellas, ladrillos, etc. a forma de facelo foi deseñando un mural de 13 metros de longo, onde se resume toda esta historia.”

A señalectica do local, fíxose sobre madeira natural, e pintada manualmente para darlle ese acabado tan artesanal.

No exterior do local, simulamos a cheminea que se alza na cuberta da asador a modo de telleira, para recalcar máis esa idea inicial.

E o toque final puxémolo cun teito negro, porque non dicilo, é o aceno de identidade de Studio Moai.

  • Proxecto: Asador Os Fornos
  • Onde: Boiro
  • Ano: 2013
  • Deseño: Studio Moai
error: Contido protexido !