MENÚ PECHAR

FLAPPERS

O CONCEPTO

Flappers Concept preséntase como unha evolución e continuación dun proxecto xa existente adicado á moda, pero neste caso, o que se pretende, é ofrecer ó usuario unha nova perspectiva a nivel expositivo e ir máis aló no que ó concepto se refire, propoñendo un entorno sofisticado e ó mesmo tempo acollledor e familiar. Trátase dunha tenda de roupa de muller, na que a nosa clienta mediante a súa experiencia no sector, adícase a asesorar e recomendar novidades, ademáis de promocionar e levar a cabo unha posta en valor das tendencias de tempada de marcas exclusivas de moda, calzado e complementos.
O nome de Flappers inspírase no anglicismo ‘flapper’, denominación empregada para a considerada como a ‘muller moderna’ dos anos 20, a cal, destacaba polo seu carácter revolucionario e a súa necesidade de romper con todos os estereotipos establecidos para a muller da época, tanto no que se refire a nivel de imaxe e aspecto como de actitude, mostrando e manifestando un novo modo de vida.

A INTERVENCIÓN

A nivel do exterior, obsérvase que a fachada principal atópase revestida en aluminio, buscando deste xeito certa limpeza visual en canto á textura, e establecendo así un contraste cromático entre o azul que funciona como fondo e as letras en dourado brillante do rótulo que se expoñen como protagonistas principais, trasladándonos certa idea de glamur e festa.

A distribución da tenda, ven definida pola funcionalidade dos elementos ubicados en cada área, delimitando deste maneira, unha zona de mostrador e atención de cara ó público, unha zona de tocador, unha sección de probador que inclúe unha pequena sala de espera e toda a zona expositiva que se atopa disposta perimetralmente para facilitar a circulación polo local.

O espazo interior busca a singularidade a través dos contraste de cor entre rosas e azuis, xerando un ambiente con moita personalidade que nos permite adentrarnos nun mundo feminino e elegante. O entorno compleméntase cun mobiliario caracterizado polos tapizados aterciopelados de tonalidades rosas e verdes pastel, detalles metálicos dourados e marmoleados, así como unha pequena homenaxe ó terrazo tradicional pero na súa versión máis actual.

Flappers é o resultado dun traballo que a través da cor, das texturas, dos detalles e especialmente do estudo da iluminación, configura unha pequena actuación, na que o consumidor pode desprazarse polas diferentes escenas formando parte da propia intervención.

FLAPPERS

  • Proxecto: Flappers
  • Onde: Mariño de Rivera, 3 bajo, Ribeira (A Coruña)
  • Ano: 2020
  • Deseño: Studio Moai
error: Contido protexido !