MENÚ PECHAR

Gastroteca Vinum

A gastroteca Vinum abre as súas portas para incorporar á oferta gastronómica da cidade un concepto onde a tradición galega está moi presente aínda que conxugada con pinceladas de innovación.. Racións e tapas Premium serán o forte deste wine and food situado en rúa Franxa 36, A Coruña.

A morfoloxía do local sérvenos para crear 3 zonas perfectamente diferenciadas:

A) A terraza Interior: 9 m2 Recíbennos uns barrís suspendidos na parede. Onde poderemos degustar un das cinco denominacións galegas de viño.

B) A Zona de gastroteca: 25 m2 Optamos por deseñar unhas cepas retroiluminadas na parede, un revestimento mural que nos lembre a unha “ viña” e rematámolo pintando o teito de verde.

Se seguimos avanzando cara ao fondo , atopámonos coa subida a planta alta.

C) A Adega(Comedor) 25 m2. Como xa dixemos, A adega especialízase nas cinco denominacións de orixe galegas, así como noutros 15 caldos tanto do resto de España como de Francia. Polos seus reducidos metros, quixemos crear no visitante, a idea de estar a cear nunha adega: ladrillo cara vista e unha iluminación moi coidada. Para comezar a facer boca propoñen salpicón Breogán, costela de Angus, ensalada de hortalizas con queixo de cabra e bacallau asado con costa de centola.

  • Proxecto: Gastroteca Vinum
  • Onde: A Coruña
  • Ano: 2016
  • Deseño: Studio Moai
error: Contido protexido !