MENÚ PECHAR

Gin Lab AfterWork Boiro

O Concepto

Este proxecto nace da idea de crear un local que funcione como laboratorio de xenebras caseiras, e á súa vez, como un punto de encontro musical, buscando ofrecer un servizo e un espazo diferentes na vida hostaleira da localidade na que se sitúa. A medida que estas primeiras ideas van tomando forma e xorden os primeiros bosquexos, o obxectivo de venda vese desviado cara á especialización en cervexas de importación, polo que o deseño adáptase e reinventa sobre a marcha de maneira consecuente cos obxectivos definitivos; deste xeito, determínase a clara diferenza co que podería definirse como unha típica coctelería.

A intervención

Como prólogo, preséntase unha fachada en ladrillo negro grafiteada coa imaxe corporativa do negocio en branco e iluminada de maneira directa, xerando certa expectación pero mantendo unha aparente discreción e elegancia. Este primeiro contacto abre as portas a unha repentina mestura de estilos tomando referencias do modernismo e do industrial, xogando con distintos tipos de madeira, elementos metálicos e tapizados artesanais.
No que se refire á distribución, céntrase por unha banda, en que exista contacto visual desde a maior parte do local coa tarima móbil para concertos, e por outra banda, en manter o efecto de intimidade en cada unha das mesas. Como elementos a destacar, é importante mencionar a colocación do chan en espiga que consegue xerar un efecto de amplitude e horizontalidad; os acabados dos baños que xeran escenas peculiares con certas tinguiduras cinematográficas e a regulación da iluminación que permite estableces diferentes situacións a medida que avanza a noite.

O Gin Lab, é un local que consegue introducir ao espectador nun ambiente agradable, cálido e acolledor, apostando por gozar dunha experiencia culinaria orixinal,acompañado de bebidas diferentes e música en directo.

  • Proxecto: Café- Concierto Gin Lab
  • Onde: c/Francisco del Río Romero, Boiro
  • Ano: 2018 (Maio)
  • Deseño: Studio Moai
error: Contido protexido !