New Loft
Que é un “ Loft”??
Pois partindo desta pregunta quixemos deseñar este local. Saíndonos un pouco dos canones das tipicas tendas. Só queriamos simular un espazo aberto, pero ademais disto, que dentro tivese a distribución dun “ Loft” vivenda. Nada máis entrar, temos a sala de estar, seguimos e chegamos á cociña(mostrador), ao fondo esta o dormitorio e por último o baño(probadores).
Con esta distribución tan curiosa, non queriamos máis que “xogar cos clientes” e propoñer unha forma diferente de venda.
Todo a decoración vira ao redor dunha nave industrial: madeira reciclada, ladrillo cara vista, grafitis en teito simulando tragaluces, columnas imitando metal. etc.
Mesmo traballamos a fachada co mesmo estilo, para chamar a atención desde a rúa.
Moda nova e aínda encima Baixo custo!!
- Proxecto: New Loft
- Onde: Boiro
- Ano: 2014
- Deseño: Studio Moai