Matadeiro – Asador
O concepto :
A idea nace da necesidade de cambio tras unha longa traxectoria no sector. Buscábase un cambio radical para o negocio tanto a nivel estético como funcional. Partindo de que dispoñían dunha boa calidade no producto e da necesidade do cambio optamos por arriscar e dotar de agresividade visual o proxecto.
Matadero Asador foi o nome elexido para o local.
A intervención :
Comezamos o noso proyecto inspirados no ambiente creado no interior dunha cabaña realizada íntegramente en madeira cunha iluminación xeral ténue e con distintos puntos de luz enfocados que realzan os materiáis e propician o efecto de intimidade en distintas zonas.
A localización do local goza dunhas vistas inmellorables cara ás Dunas de Corrubedo e até o momento estaban pouco valoradas. Unha das primeiras actuacións foi a apertura dunha gran ventá hacia esa zona, permitíndonos ademáis de conseguir una maior luminosidade integrar as vistas ó local.
No que se refire á distribución, céntrase en que exista contacto visual desde a maior parte do local pero mantendo a intimidade necesaria para os comensales. Cabe destacar os troncos de bidueiro que colocados de forma individual e alineada dividen a zona de barra e a do comedor.
A difícil visibilidade dende a carretera de acceso solucionouse ca utilización ,no peche exterior, de vigas de tren e un potente letreiro. Estos elementos xunto co peche acristalado da terraza exterior consegiron dotala fachada de personalidade e protagonismo.
A medida que avanza o solpor o local transformase por completo creando un ambiente cálido e mói acolledor propiciada por una iluminación interior estudiada e a calidez dos materiais empreados.
Cumprindo co requisito inicial, o Matadero consegue introducirnos nese ambiente con sensación de calidez propicio para degustar as distintas especialidades de parrilla.
- Proxecto: Matadeiro Asador
- Superficie : 176,45 *m2
- Onde: Riveira (Poligono de Xarás)
- Ano: 2019 (Abril)
- Deseño e Obra: Studio Moai