MENÚ PECHAR

Serarte

Axustarse a un orzamento non ten por que ser sinónimo de limitación en recursos e imaxinación. E así pode comprobarse de primeira man en Serarte, un local que ocupa máis de 300 m2 en diferentes zonas. Os materiais orixinais e o carácter propio do espazo forman a base do proxecto de reforma. Teitos de máis de 3 metros, paredes de ladrillo visto e columnas forradas de “formigón negro” danlle un aire industrial que se combina con acabados máis cálidos como a madeira e as cordas de rafia.

O mobiliario e a iluminación foron escollidos hábilmente, empregando madeira para as mesas e buscando cadeiras con aspecto de que son recicladas , que quedan aínda así tremendamente coherentes co espazo. Suspendéronse lámpadas personalizadas co logo, para iluminar as mesas, mentres que os condutos de ventilación pasan a gañar un protagonismo inusual xa que escurecemos o teito para que estes destacasen o máximo posible. A estética industrial predominante refórzase ademais co chan de formigón puído, os perfís de aceiro preto da porta de entrada e os condutos antes nomeados.

  • Proxecto: Serarte - Servizos Publicitarios
  • Onde: Boiro
  • Ano: 2013
  • Deseño: Studio Moai
Aviso de Copyright
error: Contido protexido !