MENÚ PECHAR

Coworking Pobra

Minimalist chair

Para este proxecto hai que realizar un espazo de traballo para dez persoas de ámbitos completamente diferentes, un espazo de coworking, nun baixo de 143,23 m2.

Este local funcionara como restaurante para vodas durante moitos anos, polo que hai que acondicionalo para o novo uso. O programa de necesidades, inclúe un baño adaptado, un officece e espazo de descanso,sala de reunións, zona de espera para clientes, zona de traballo e un espazo completamente polivalente, no que se poidan realizar diferentes actividades segundo sexa necesario.
Debido a esta necesidade de espazos polivalentes, móbiles e que se poidan transformar, xurdiu o espazo que observamos na fotografía formada por un tabique móbil e un andel, con dobre función. En primeiro lugar forma unha separación coa zona de traballo que se atopa xusto detrás e ao mesmo tempo apila cadeiras, dunha maneira visualmente agradable e cómoda de despregar no momento de realizar unha charla e recollelas cando sexa necesario ter o espazo despexado. Onde termina este andel fórmase un tabique móbil, que tamén pode deixar aberta
ou pechada a zona segundo como sexa necesario.

Para realizar a distribución, axudámonos da estrutura do edificio, que está a marcar dous espazos a través dos alicerces, na parte do fondo sitúase a zona de traballo dos cowkorkers, de maneira que están visualmente conmunicados todos os postos de traballo entre eles para fomentar contactos e colaboracións. Na metade do espazo que se atopa na zona de acceso dispóñense os espazos máis públicos aos que poden acceder clientes así como a zona de descanso dos traballadores

  • Proxecto: Coworking Pobra
  • Onde: Pobra
  • Ano: 2015
  • Deseño: Studio Moai
error: Contido protexido !