A BURGUESA
O concepto
O proxecto de A burguesa nace da idea de dous emprendedores hostaleiros de Boiro, Daniela e Adri, que optan por ofrecer unhas “Burguers” estilo gourmet utilizando ingredientes de calidade e unha coidada presentación. Deseñamos un local de hostaleria , sen uso de barra, pero que consegue con materiáis referentes do estilo industrial transformalo nun lugar único e distinto.
A intervención
Plantéxease unha fachada cunha estética arriesgada que pretende funcionar coma un reclamo visual ca simulación dunha parede inacabada de ladrillos,morteiro e culminado cun chamativo rótulo. Unha vez entramos, atopámonos cun interior onde o ladrillo vermello, a madeira envellecida, o revestimento de cemento e o pavimento desgastado conviven en armonía baixo unha cálida luz indirecta. En canto a distribución gran parte do espacio foi destinado a zona de mesas cunha organizada colocación de bancos tapizados e mobiliario industrial ó redor dunha gran barra central retroiluminada.
Puntos importantes a nivel estético destacamos a utilización da rotulación emulando os neóns na fachada, barra e aseos así como a introducción de elementos vexetáis suspendidos proporcionando ó ambiente un toque máis natural.
Culminase ó proxecto ca utilización dun atrevido cor mostaza que ,ademáis de xerar luminosidade, axuda a crear un ambiente retro no conxunto, xerando un confort e un clima a nivel sensorial e visual no que o usuario perciba a usual experiencia de comerse unha hamburguesa doutra categoría.
O proxecto lumímico e sumamente importante, xa que nos aporta ese ambiente “canalla” que buscábamos desde un principio.
Entrade, deiletadevos cunha boa burguer, relaxadevos coa iluminación e sobre recordade: “ Todo lo BUENO es ilegal, inmoral, ou engorda”
Moi Moai
- Proxecto: A BURGUESA
- Superficie: 91,67m2
- Onde: Boiro
- Ano: 2020
- Deseño: Studio Moai