E.S.Bazarra
Proxecto de colaboración con Atrio Arquitectura e PiedraPapelTijera . Studio Moai, encargouse da parte do interiorismo ,elección de materiais, mobiliario e iluminación
Aínda que unha gasolineira é un lugar onde recargar combustible, despois de darlle moitas voltas ao proxecto, quixemos crear unha cafetería cálida. Facer dese “café rápido”, unha especie de “ american dinner”. Un lugar diferente onde gozar dun alto no camiño cun refresco e un petisco, onde tomar unha cervexa con amigos mentres gozas vendo unha carreira de motos ou onde tomarse un repousado café gozando da choiva
A base do proxecto, foi a incorporación dunha gran roca que ocupa toda a fachada posterior. Esta incorporación ao local, obrigounos a crear un xardín vertical, o cal nos achego ese toque de natureza, tan importante dentro dun sitio pechado.
A transparencia das 2 fachadas, tanto a de entrada ,como a que nos permite ver esta roca xigante, contrarrestámola utilizando madeira tanto no teito como no mobiliario.
Costa da Morte, choiva, mar, montaña,pois todas estás sensacións achegarachas parte do teito acristalado , porque o que discorre a auga. A montaña incorporámola no aseo dos cabaleiros, combinandola cun porcelánico de textura metálica. Mentres o aseo das mozas, incorporamos madeira, follas secas que nos lembren ao outono…
- Proxecto: E.S. Bazarra
- Onde: Cee
- Ano: 2016
- Deseño: Studio Moai