MENÚ PECHAR

Maxin

Habitualmente as marcas das ludotecas son palabras ó xogos de palabras infantís o que leva a deseños gráficos moi alusivos ao público infantil. Non é algo negativo, todo o contrario, pero realmente achegan valor diferencial a un sector cada vez máis competititivo ??

Estas marcas parecen estar deseñadas por nenos e para nenos.

Desde logo que o goce das instalacións está pensado para eles pero a empresa que asina esas instalacións non debe achegar confianza e seriedade ao servizo que ofrece ??

A marca dunha nova ludoteca pretende “falar” con nenos ó con pais e potenciais clientes ??

Algunhas marcas evolucionaron a súa imaxe corporativa e buscan captar non só aos nenos senón tamén a pais que cada día están máis informados e coñecen e valoran as marcas que lles achegan confianza e garantía.

Nestas últimas o deseño gráfico adoita ser coidado, e achéganse a empresas cun posicionamento e identidade corporativa máis claro e profundo.

  • Proxecto: Maxin - O Recuncho da Imaxinación
  • Onde: Milladoiro
  • Ano: 2013
  • Deseño: Studio Moai
Aviso de Copyright
error: Contido protexido !