O lar do Trilli
Desde Studio Moai, tratamos de crear unhas novas expectativas neste negocio familiar, a travès desta reforma. O noso obxectivo fué desde o primeiro día, chamar moito a atención, para tentar xerar a visita de novos clientes. Con este obxectivo en mente, potenciamos o deseño do antigo “Bar Trillizos”, cara a unha nova via de negocio, máis especializada nunha “adega gastronómica”.
As grandes barricas de viño, foron nosa máxima inspiración, pois como se pode observar , estes grandes barrís forman tanto a fachada, como unha parte da zona do comedor. A fronte da barra tambièn está inspirado, nas prensas de viño que utilizaban antigamente. Puxemos especial interese e mimo nos pequenos detalles, para que todo tivese moita consonancia e asi conseguir ese ambiente tan familiar que se respiraba outrora nas adegas dos nosos avós.
- Proxecto: O lar do Trilli
- Onde: Boiro
- Ano: 2015
- Deseño: Studio Moai