MENÚ PECHAR

Proxecto: Gimnasio “Health Motion Gym”

 Health Motion nace comoun espazo de adestramento contemporáneo onde arquitectura, iluminación e motivación conviven nun mesmo concepto.

O proxecto organízase arredor dunha gran sala de ximnasio de máis de 300 m², complementada con zonas de clases, adestramento individualizado de  70 m2 e unha recepción aberta e visualmente conectada co exterior.

A proposta interior aposta por unha estética escura e técnica, reforzada por iluminación LED verde corporativa e mensaxes motivacionais integradas na arquitectura. O deseño busca transmitir enerxía, disciplina e identidade propia, convertendo cada percorrido dentro do local nunha experiencia inmersiva.

Os materiais continuos, os contrastes lumínicos e a distribución funcional permiten crear un espazo deportivo moderno, eficiente e recoñecible desde a rúa.

Dar de novo as Grazas a Maite, Carlos e Dani, por deixarnos deseñar o seu Gym. Moita Forza!

error: Contido protexido !