MENÚ PECHAR

Proxecto Nordestada – (Portosín)

Proxecto: Nordestada

Onde:  Portosín Ano: 2021

Deseño: Studio Moai

O concepto 

 

Un proxecto que nace a mans do cociñeiro ribeirense Nel Parada como resultado dun longo itinerario no mundo da gastronomía tanto no ámbito local como máis aló das fronteiras do país. O seu vínculo tan inevitable coa Ría de Arousa, rápidamente definiu o nome do restaurante. Nordestada, unha homenaxe ó vento do nordés, responsable en boa medida da riqueza da flora e da fauna das augas das rías Baixas. Situado na Lonxa Vella de Portosín, onde fai un tempo os seus protagonistas eran os pescadores da Confraría de San Andrés.

 

A intervención 

 

Trátase dunha pequena edificación de mediados do século pasado, cunha xa considerable traxectoria histórica. Debido a esto, na intervención a nivel exterior pretendíase resaltar, pero ó mesmo tempo respetar o volume inicial.

 

Unha vez que nos adentramos no local, observamos unha zona de comedor, un espazo de barra, adicado exclusivamente ó servizo, e un concepto de cociña aberta que permite ós clientes visualizar o proceso de elaboración dos pratos prácticamente en primeira persoa.

 

A madeira de batea, o formigón pulido, e un porcelánico con efecto cuarteado en tonos verdosos definen o espírito estético do local. Caracterizado tamén por unha iluminación puntual do espazo de traballo e da zona de comedor, xerando un ambiente moi confortable e acolledor.

 

Ademáis de todo este conxunto de factores, Nordestada aposta polo producto local, ofrecendo intensos sabores e olores que chegan directamente co vento do nordés para provocar no cliente una experiencia única e completa.

error: Contido protexido !