MENÚ PECHAR

SARA PÉREZ TATTOO

O concepto

Como todo proxecto, Sara Pérez Tattoo nace para dar resposta a unha necesidade específica, que neste caso supoñía o plantexamento dun espazo característico e acondicionado para a realización de tatuaxes.

A idea sobre a que se deselvolve a estética e o ambiente do estudio, era plasmar a través do propio deseño, a personalidade de Sara, así como a esencia do seu traballo; polo tanto, o microrealismo e os debuxos de liña, estarán presentes en diversos detalles ao longo de todas as estancias, xa sexa mediante motivos florais, obxectos xeométricos ou elementos máis abstractos.

A intervención

Preséntase unha fachada lisa con acabado en aluminio negro, que proporciona unha base uniforme e ao mesmo tempo elegante, sobre a que se incorporan unhas flores que inician a conexión co interior.

Unha vez que nos adentramos no local, son as cores negro e rosa as principais protagonistas, alternadas no chan, nas paredes e nos diferentes elementos de mobiliario e decoración. O conxunto das cores nos diferentes planos, a iluminación sutil en determinados puntos e máis chamativa noutras zonas coma no corredor ou no baño, xeran un espazo cómodo e agradable impregnado dunha sensación que incita a disfrutar da experiencia.

Trátase dun estudio de tatuaxes cunha presenza especial, que provoca no cliente determinadas emocións, especialmente ao pasar polo corredor de acceso ás cabinas, totalmente negro e acompañado dos neon fucsia, que causa certa inquietude nun principio, pero unha vez que accedes ás salas, exclusivamente rosas, orixínase unha aura de tranquilidade e relaxación.

Podería considerarse un deseño no que os contrastes dos diversos elementos, conseguiron un palpable equilibrio emocional e sensorial, proporcionándolle ao importante feito de facerse unha tatuaxe, un factor engadido de encanto e incluso un pouco máxico.

SARA PÉREZ TATTOO

  • Proxecto: Sara Pérez Tattoo
  • Onde:  Cabo de Cruz
  • Ano: 2021
  • Deseño: Studio Moai
Aviso de Copyright
error: Contido protexido !