Apartamentos Turisticos Boiro Azul
Proxecto Interiorismo: Moai Interiorismo
Proxecto lumínico: Moai Interiorismo
Diseño cociñas: Moai Interiorismo
Transformación dun antigo local en dous apartamentos turísticos tipo estudio, deseñados para aproveitar ao máximo unha planta rectángular.
Cada apartamento integra salón, cociña, comedor e dormitorio nun único espazo. A distribución mediante mobles, paneis e elementos de madeira permite separar visualmente os usos sen perder amplitude nin luminosidade.
A madeira natural percorre paredes, teitos e mobiliario, creando unha atmosfera cálida e acolledora. Os tons claros, a iluminación indirecta e os detalles en azul conectan o interior coa identidade mariñeira de Boiro.
O proxecto complétase cun patio común que achega luz e ventilación aos dous apartamentos.
#MoaiInteriorismo #ApartamentosBoiroAzul #Interiorismo #ApartamentosTurísticos #DeseñoDeInteriores #Boiro #Galicia #ReformaIntegral #DeseñoGalego
