MENÚ PECHAR

Ágora Café

ÁGORA A paixón polo café e todo o coñecemento adquirido por Jose Antonio ( Chaves ) como barista foi o detonante para querer darlle ao Ágora café un concepto diferente á cafetería convencional.

O Ágora, que goza dunha situación privilexiada, sempre foi un local referente tanto na utilización de café ecolóxico, sinónimo de sustentabilidade e de calidade, como na elaboración e presentación do café. Pero neste caso existía a necesidade de satisfacer a un sector de clientes que non queren ir a un lugar común onde vendan cuncas de café, senón que queren ir a un ambiente acolledor onde sentan a gusto, cunha decoración atractiva e onde poidan gozar de distintas especialidades de café elaboradas dunha forma profesional.

Con dous ambientes distintos de degustación pódese gozar dunha zona con máis movemento preto da zona de elaboración e preparación de pedidos para levar e outra zona para gozar dunha maneira máis tranquila e con espazos máis recolleitos e íntimos. O café é o gran protagonista desta reforma e faise visible por todo o local: o revestimento da barra está realizada con paneis de café reciclado e deseñada para dar servizo prioritario á elaboración de cafés; a lenda de Kaldi* sobre a orixe do café faise presente na temática do mural ; curiosidades e datos sobre o café aparecen en distintos elementos do local. O café é a bebida social por excelencia e o Ágora café sábeo, por iso, a calidade, a profesionalidade, a súa amabilidade no servizo e a súa paixón, fai que cada cunca de café se convertierta nunha experiencia única.

Segundo conta a lenda,un pastor de cabras etíope chamado Kaldi, descubriu as efectos energizantes do café ao darse conta de como lle afectaban ao seu rabaño cando mordisqueaban unhas bagas vermellas e brillantes de certo arbusto. Ao arroxar uns cuantos grans destas “bagas máxicas” ao lume, decatouse do atrayente aroma que desprendían. Os grans tostados foron rapidamente extraídos das brasas e disoltos en auga quente, producindo a primeira cunca de café no mundo.

error: Contido protexido !