Yuko´s
O Concepto
Nada facía presaxiar a longa traxectoria que seguría o YUKO´S desde que os seus primeiros propietarios, dous cuñados chamados Juan e Manolo, decidiron unir as súas iniciais (nunha clave secreta) para darlle un nome ao seu novo proxecto. Este establecemento cambiou de propietarios pero a súa esencia continuou, co paso de varias xeracións, durante máis de 30 anos.
O YUKO´S foi o gran referente da movida que viviu Boiro no seu período de maior esplendor. Era o paso obrigado a primeira hora da noite e a altas horas da madrugada para repoñer forzas antes de volver a casa. Como protagonista principal o sándwich club (queixo, jamón cocido, bacon, tomate, lechuga e mayonesa repartidos en tres pans e acompañado de patacas) que continua sendo un referente a día de hoxe en Boiro.
O establecemento viña pedindo un cambio de imaxe. A idea era remodelalo adaptándoo ás necesidades dos clientes actuais e buscando a súa comodidade
pero conservando a súa carta e o mesmo servizo. Unha nova imaxe, ca mesma filosofía de sempre.
A intervención
Estaba claro que para poder atender as necesidades estéticas demandadas debíamos centrarnos nos seus actuais clientes polo que se apostou por un estilo novo, fresco e moderno.
Partindo dun orzamento acoutado priorizouse o cambio das instalacións existentes polo seu precario estado e traballouse no cambio dos revestimentos e na ambientación co fin de crear un deseño atractivo para reactivar o local.
No que se refire á distribución, non modificou da orixinal, conservouse a barra existente que, pese a ser unha barra relativamente grande para as dimensións do local, funcionaba perfectamente como zona de pedidos para os clientes, tanto para comer no local como para levar.
A disposición do mobiliario tamén se conserva como a distribución orixinal pero si se dotou dunha zona de maior confort ca colocación dunha gran bancada tapizada en polipiel. Renovouse todo o mobiliario con sillas de polipropileno de líñas limpas , e gran comodidade. Parte da sillería aportará ese toque de color vermella dentro dun contenedor de revestimentos neutros e claros. Este punto atrevido de cor tamén se fará visible na serigrafía do longo mural en vinilo que descorre por todo o lateral do local e onde aparecen as distintas especialidades que sirve o local.
Na fachada actuose renovando os materiais, eliminando elementos obsoletos e creando ca súa sencillez o protagonismo do interior. Cabe destacar a recuperación dunha peza importante como é o neón da rotulación orixinal, existente durante anos na fachada, e que agora dáselle un protagonismo especial, en recordo do antigo YUKO´S, situándoo no interior da barra e facéndose visible dende todo o local.
A ambientación neutra creada mediante cores claros en contraste co vermello , e unha estudada iluminación crea un espazo apetecible y que invita a saborear as súas distintas especialidades.
- Proxecto: YUKO´S.
- Superficie : 80,94 m2
- Onde: Boiro
- Ano: 2019 (Mayo)
- Deseño e Obra: Studio Moai