Baldani Concept Store
Despois de 13 anos, Studio Moai, tivo a oportunidade de darlle un pequeno Restyling a esta Concept Store, situada en Boiro. O máis importante deste pequeno proxecto, era a obsesión para que destacase máis o”produto” , Por isto partimos de unificar o interior do local, escurecendo teitos, colocando unha bonita tarima, e deseñando uns colgadores con tuberias e palets. Acompañamos todo isto, con luz máis directa, e marcando moito as pezas . A idea parte de crear “ mini escaparates” nas distintas zonas da tenda. Unha columna que parecía un estorbo no medio do local, conseguimos darlle moito protagonismo a base de usar as súas 4 caras,e asi crear a gran exposición de “ Zapas”, tan visible desde a rúa.
Quédanos pendente, darlle cana a esa fachada, pero iso será noutra fase.
’ Grazas a Dani e a Balbina, pola súa confianza.’
- Proxecto: Baldani Concept Store
- Onde: Boiro
- Ano: 2015
- Deseño: Studio Moai