MENÚ PECHAR

Microgalia

Unha pequena xoia lumínica, que crea un efecto máxico de luz en suspensión, desde a entrada ao espazo, ata a zona de cobro. Pero claro, isto non é moi difícil xa que só dispoñiamos de 30 m2, para crear esta “continuidade” en todo o volume.
Para crear este efecto en movemento, utilizamos tiras flexibles de led, cor azul, igual ao lcolor corporativo da empresa. E para a luz xeral fococalizamos con luz máis neutra para a venda de produto.
O resto do volume forrámolo cun revestimento mural con efecto 3D e no chan instalamos un solado continuo.
A nosa obsesión neste pequeno espazo, foi crear un espazo aberto onde os clientes poidan interactuar co produto antes de compralo. O mobiliario está disposto de tal forma que xera diferentes espazos de “xogo”, e cada cliente créanos un perfecto escaparate cos seus movementos adentrandose nas últimas tecnoloxías.
A gran cristaleira ,a modo de metáfora, case nos permite poder sacar o local á rúa. Sobre todo cando se pon o sol e a luz interior invade a rúa.
Grazas a Kike pola súa confianza. Esperamos que todo vos vaia ben!!

  • Proxecto: Microgalia Computer Store
  • Onde: Boiro
  • Ano: 2014
  • Deseño: Studio Moai
error: Contido protexido !